Contido coa etiqueta álvaro garcía ortiz .

Contido coa etiqueta álvaro garcía ortiz .

Álvaro García Ortiz

García Ortíz á súa chegada ao Tribunal Supremo (EFE/Daniel González)

O fiscal xeral do Estado nega ao xuíz que filtrase os correos da parella de Ayuso

29/01/2025 10:27

García Ortiz asegurou que tampouco deu a orde a ninguén da súa contorna para facilitar esa información sobre o noivo da presidenta madrileña



O Tribunal Supremo mantén a Álvaro García Ortiz como fiscal xeral do Estado

28/01/2025 11:59

A Sección Cuarta da Sala do contencioso administrativo avanzou o ditame da sentenza que rexeita o recurso da Asociación Profesional e Independente de Fiscais

A coalición celebra a decisión e Feijóo insiste en pedir a súa dimisión ou cesamento


O fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz (Europa Press).

O xuíz rexeita a petición do fiscal xeral de aprazar a súa declaración

27/01/2025 10:53

O xuíz instrutor do caso tamén rexeitou varias dilixencias, entre elas a declaración da parella de Isabel Díaz Ayuso ou a intervención do móbil de Miguel Ángel Rodríguez

García Ortiz acusa os fiscais que recorreron o seu nomeamento de "socavar ao Goberno"


Imaxe de arquivo do fiscal xeral Álvaro García Ortiz (Europa Press/Carlos Castro)

O Supremo pregunta cantas veces cambiou de móbil García Ortiz e se foron formatados

22/01/2025 15:48

Pide unha copia da normativa interna seguida ao borrar as mensaxes do fiscal xeral, a cal non existiría segundo o que din a fiscal superior de Madrid e o fiscal do caso

O xuíz que investiga a filtración de información no caso da parella de Ayuso toma estas dilixencias tras non atopar ningunha mensaxe no seu teléfono móbil


O ministro Bolaños, nunha imaxe de arquivo co fiscal xeral do Estado

O PP pregunta se Bolaños e López cambiaron tamén de móbil "para destruír probas" contra o fiscal xeral

18/01/2025 11:21

O PP quere saber cantos membros do Goberno e do gabinete da Presidencia cambiaron de número nos últimos tres meses, "no que parece un intento de destruír probas"


A fiscal de Madrid di que lle preguntou a García Ortiz pola filtración e que el contestou "iso agora non importa"

16/01/2025 14:58

Almudena Lastra dixo ao xuíz do Supremo que lle preguntou ao fiscal xeral do Estadose filtrara o correo relacionado co caso da parella da presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, ao que el respondeu: "Iso agora non importa".

Alberto González Amador, parella de Ayuso, citado a declarar o 7 de febreiro por dous delitos fiscais

Categorías:  Política   España

Bolaños defende a García Ortiz e afirma que "a verdade abrirá paso"

15/01/2025 13:01

O fiscal xeral do Estado declarará o próximo 29 de xaneiro por un presunto delito de revelación de segredos

O ministro de Presidencia cre que García Ortiz fixo o que debía ao "perseguir o delito"



(Europa Press/Carlos Castro)

O Supremo cita o fiscal xeral do Estado para declarar como investigado o 29 de xaneiro

13/01/2025 10:21

O xuíz instrutor entende que "hai unha base indiciaria para presumir a relevante participación" do fiscal xeral na filtración sobre o noivo da presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso

Amais abre unha nova imputación ao número dous da Secretaría Técnica da Fiscalía Xeral do Estado, Diego Villafañe

O maxistrado di que o correo sobre o noivo de Ayuso tivo "saída" na Fiscalía e "destino" na Presidencia do Goberno, onde se fixeron xestións para que se publicase


Miguel Ángel Rodríguez atendendo os medios ás portas do Supremo (EFE/Sergio Pérez)

Miguel Ángel Rodríguez admite que difundiu aos medios un correo do mozo de Ayuso

08/01/2025 10:35

O xefe de gabinete de Isabel Díaz Ayuso recoñece que difundiu unha mensaxe entre a Fiscalía e defensa do mozo da presidenta madrileña, pero di que descoñecía que houbese outro anterior no que era o avogado de González Amador o que ofrecía un pacto para lograr unha condena menor

Rodríguez di que o fiscal xeral "debe ser condenado de maneira exemplar" e apunta a Pedro Sánchez como responsable dunha operación contra Ayuso


Foto de arquivo do fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz (Juan Moreno/Europa Press)

O Supremo pide á UCO recuperar as mensaxes do móbil de García Ortiz

07/01/2025 10:56

Cando o teléfono foi comisado non se atopou ningunha, a pesar de que noutro informe si se atopou un intercambio con Pilar Rodríguez


Álvaro García Ortiz, fiscal xeral do Estado. Arquivo (Europa Press/Francisco J. Olmo)

A UCO certifica que o fiscal xeral cambiou de móbil xusto despois de abrirlle causa o Supremo

03/01/2025 15:01

Foi unha semana antes de que o xuíz ordenase o rexistro do despacho de García Ortiz para requisar os seus teléfonos e correos electrónicos


Álvaro García Ortiz, fiscal xeral do Estado. Arquivo (Europa Press/Francisco J. Olmo)

O xuíz que investiga a García Ortiz chama a declarar a fiscala superior de Madrid e o fiscal de delitos económicos

26/12/2024 13:09

Almudena Lastra e Julián Salto comparecerán como testemuñas o 16 de xaneiro 

O xuíz Ángel Hurtado cita para o 21 de xaneiro os responsables de Comunicación da Fiscalía da Comunidade de Madrid e da Fiscalía Xeral do Estado 


O Supremo quere saber de onde saíron as mensaxes enviadas polo fiscal xeral á fiscala xefe provincial de Madrid

O Supremo busca o móbil de onde saíron as mensaxes de García Ortiz

24/12/2024 14:07

Pídelle á UCO que lle facilite números de telefono e IMEI asociados ás dúas tarxetas utilizadas por Álvaro García Ortiz

A APIF pide imputar o fiscal xeral por outros dous delitos: prevaricación e infidelidade na custodia de documentos públicos 


Arquivo/David Zorrakino/Europa Press

Feijóo: "Sánchez é o presidente máis acosado por casos de corrupción da historia democrática"

24/12/2024 12:04

O presidente do Partido Popular asegura que o presidente "é o un da trama" e sinala que hai "once ministerios investigados", "o círculo máis próximo ao presidente" e o fiscal xeral do Estado

 "Pedro Sánchez veu para acabar coa corrupción e é o presidente máis acosado por casos de corrupción da historia democrática do noso país"

O PP chancea con non falar de política no Nadal nun vídeo no que pide a dimisión de Sánchez

 


Sánchez di que non soubo do intercambio de correos entre a Fiscalía e o avogado do noivo de Ayuso antes de que se publicase

23/12/2024 13:36

Asegura que a súa confianza no fiscal xeral é ainda maior despois de coñecer o informe da UCO


Carlos Castro-Europa Press-Archivo

O xuíz encarga á UCO novas dilixencias sobre o móbil de García Ortiz despois de que atopara "cero mensaxes"

23/12/2024 10:42

A Asociación Profesional e Independente de Fiscais (APIF), que exerce a acusación popular, pídelle ao xuíz que cite a declarar o fiscal xeral e que reclame á Fiscalía os protocolos de borrados de datos 

Sánchez di que non soubo do intercambio de correos entre a Fiscalía e o avogado do noivo de Ayuso antes de que se publicasen


Ayuso denuncia unha operación de Estado para acabar con ela

O Goberno dá por rematada a investigación contra o fiscal xeral do Estado

20/12/2024 14:26

Ayuso denuncia unha operación de Estado para destruila e di que Sánchez "toleou" e esíxelle que dimita

Un xulgado de Madrid cita a Sánchez para que se retracte de chamar "delincuente confeso" á parella de Díaz Ayuso


EFE

A UCO non atopa mensaxes no móbil do fiscal xeral nos días en que se filtrou a información da parella de Ayuso

19/12/2024 16:23

Porén, si que atopou mensaxes enviadas e recibidas nesas datas por García Ortiz no teléfono móbil da outra imputada

No ordenador de García Ortiz atoparon a cadea de correos nos que o avogado do empresario Alberto González Amador, noivo da presidenta da Comunidade de Madrid, admitía ao fiscal cometer dous delitos contra Facenda

A UCO di que Moncloa tivo acceso ao correo enviado a Lobato antes de que se publicase e apunta a varios cargos

Categorías:  Política   España

O exsecretario xeral do PSOE-M, Juan Lobato o día da súa comparecencia no Tribunal Supremo,(EFE/ Chema Moya)

A UCO deduce que Moncloa coñecía o correo do noivo de Ayuso antes de que se publicase e apunta a varios cargos

19/12/2024 15:36

Sostén que o correo íntegro entre o avogado de González Amador e a Fiscalía non fora publicado nos medios ás 8:29 horas, cando xa estaba en poder de Pilar Sánchez Acera, polo que conclúen que "a súa procedencia non pode ser a publicación en medios"

Di que o coñecían, polo menos, Sánchez Acera, o exsecretario de Estado de Comunicación, Francesc Vallés; a directora de comunicación de Vivenda, Laura Sánchez, e o exdirector de comunicación do PSOE, Ión Antolín

A UCO di que Lobato e Sánchez Acera eran conscientes de que podían incurrir nunha ilegalidade: "E Pilar quere que eu saque o mail da Fiscalía. Que non saíu pero que o saque eu... Non pode ser", di o ex secretario xeral dos socialistas madrileños

A UCO non atopa mensaxes no móbil do fiscal xeral nos días en que se filtrou a información da parella de Ayuso


Imaxe de arquivo do fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz

O fiscal xeral acusa a UCO de "importantes irregularidades" e de vulnerar o seu dereito a defenderse

05/12/2024 18:49

Álvaro García Ortiz conta ata 37 erros no informe que di que tivo unha "participación preeminente" na filtración dos correos que denunciou a parella de Ayuso

O maxistrado do Supremo rexeita as solicitudes do fiscal xeral de revisar o informe


Miguel Ángel Rodríguez este martes nun acto de conmemoración da Constitución (EFE/Mariscal)

O Supremo cita a declarar a Miguel Ángel Rodríguez na causa contra o fiscal xeral

03/12/2024 11:32

"Responderei coa miña verdade", di o xefe de Gabinete da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso

Na mesma dilixencia cítanse oito xornalistas de distintos medios de comunicación para que declaren en relación á filtración da investigación sobre a evasión fiscal da parella da presidenta da Comunidade de Madrid


Álvaro García Ortiz, fiscal xeral do Estado. Arquivo (Europa Press/Francisco J. Olmo)

O Colexio de Avogados de Madrid pide ao TS que impute a asesora da Moncloa no caso contra o fiscal xeral

29/11/2024 17:43

Dá este paso tras coñecer a acta notarial de Lobato, que evidencia que recibiu o polémico 'email' de Sánchez Acera

Das manifestacións de Lobato, di, "despréndese a necesidade de solicitar declaración de quen fose interlocutora nas comunicacións vía WhatsApp", das que se desprende que Sánchez Acera foi "fonte" do "documento nuclear obxecto das pescudas de instrución", di

Categorías:  Política   España

Juan Lobato acudiu este venres a declarar ao Tribunal Supremo (EFE/Chema Moya)

Lobato entrega a acta notarial e o móbil ao xuíz do Supremo que investiga o fiscal xeral

29/11/2024 12:11

O Tribunal Supremo chamouno a declarar tras saberse que supostamente Moncloa lle ofrecera o correo electrónico onde González Amador, parella de Díaz Ayuso, recoñecía delitos fiscais

"Está todo contestado e acreditado", afirmou Lobato á súa saída do Supremo


O secretario xeral do PSOE-M Juan Lobato comparece na Asemblea de Madrid ante os medios de comunicación (Matias Chiofalo / Europa Press)

Lobato non dimite e denuncia un "linchamento" por parte de dirixentes do seu partido

26/11/2024 09:55

O secretario xeral do PSOE madrileño di que sería "demasiado grave" que o documento non procedese dos medios de comunicación

Patxi López evita falar de Lobato, confía en que a xustiza determine "se hai responsabilidades nalgúns políticos" e afirma: "Empezamos a estar fartos da antipolítica"

Tellado ataca o PSOE por sinalar a porta de saída a Lobato: "Non participar dos delitos é considerado unha traizón"


A UCO ve unha participación preeminente do fiscal xeral na filtración dos correos da parella de Ayuso

25/11/2024 11:38

A Unidade Central Operativa da Garda Civil chega a esa conclusión tras analizar o material comisado no despacho da fiscal provincial de Madrid, Pilar Rodríguez

O Goberno defende de novo a García-Ortiz: "o que fixo foi desmentir un bulo"

Un xuíz do Supremo cita a Lobato como testemuña na causa contra o fiscal xeral

A Fiscalía acusa á UCO de facer "conclusións" no informe sobre o fiscal xeral


Arquivo (Europa Press/Francisco J. Olmo)

García Ortiz pide anular o rexistro do seu despacho por "desproporcionado"

14/11/2024 10:57

Está investigado por revelación de segredos polos correos da parella de Isabel Díaz Ayuso coa Fiscalía


Ricardo Rubio / Europa Press / Arquivo

A Garda Civil rexistra durante dez horas o despacho do fiscal xeral

30/10/2024 14:24

Os axentes tiñan a orde de confiscar documentos e dispositivos electrónicos e de identificar todas a contas de correo de García Ortiz



Rueda di que a situación do fiscal xeral do Estado é insostible

18/10/2024 12:23

O presidente da Xunta asegura que a defensa que o Goberno fai de Gartía Ortiz pon de manifesto unha conexión que é inaceptable en democracia


Sánchez apoia a actuación de García Ortiz, di que é Ayuso a que debería dimitir e salienta a contundencia con Ábalos

17/10/2024 21:50

O presidente do Goberno di que o fiscal xeral do Estado só perseguiu un delito e combateu unha loia creada pola presidenta da Comunidade de Madrid

O Partido Popular di que a corrupción é a principal ameaza que ten neste momento España, e Feijóo acúsao de "atrincheirarse" no cargo



Francisco J. Olmo / Europa Press

García Ortiz mantense firme en non dimitir ao considerar que ten o apoio da cúpula fiscal

17/10/2024 13:07

Non houbo unha votación como tal, pero as fontes consultadas falan dunha forte división entre os que pediron a súa marcha polo ben da institución e os que ven oportuna a súa continuidade

García Ortiz: "Sabendo o que fixen, o resultado da investigación do Supremo só pode ser un"


O fiscal xeral do Estado Álvaro García Ortiz (TVE)

García Ortiz: "Sabendo o que fixen, o resultado da investigación do Supremo só pode ser un"

17/10/2024 08:43

Nunha entrevista en La noche en 24 horas asumiu que fixo unha nota de prensa para desmentir un bulo e afirmou que a volvería facer, "aínda que non da mesma maneira"


Imaxe de arquivo do fiscal xeral García Ortiz (Europa Press/Eduardo Parra)

Dous anos de García Ortiz como fiscal xeral: de suceder a Delgado a investigado polo Supremo

16/10/2024 13:42

García Ortiz é o primeiro xefe do Ministerio Público ao que o CXPX declarou "non idóneo"


O Supremo imputa a García Ortiz por revelación de segredos e investiga un fiscal xeral por primeira vez

16/10/2024 09:41

O fiscal xeral do Estado seguirá no seu cargo: "É o menos gravoso e o máis prudente"

O Goberno defende a "profesionalidade e honorabilidade" do fiscal tras a súa imputación e o PP esixe a súa dimisión inmediata

Dous anos de García Ortiz como fiscal xeral: De suceder a Delgado a investigado polo Supremo


O fiscal xeral agarda "tranquilo" pola decisión do Supremo sobre a súa posible imputación

13/09/2024 14:46

Álvaro García Ortiz acudiu este venres á toma de posesión do novo fiscal xefe da área de Ferrol 


Os fiscais investigados na querela do noivo de Ayuso culpan a García Ortiz da difusión da nota

27/06/2024 17:02

Tanto Pilar Rodríguez Fernández, Julián Salto coma Almudena Lastra coinciden na responsabilidade do fiscal xeral do Estado


Sede da Fiscalía Xeral do Estado (Europa Press/Gustavo Valiente)

A cúpula fiscal avala a decisión de García Ortiz de amnistiar a Puigdemont e Junqueras

18/06/2024 15:19

Unha Xunta de Fiscais dividida respalda a tese do fiscal xeral do Estado

Os catro fiscais do procés non asinarán o documento que se vai enviar ao Supremo

O PP pide a dimisión do Fiscal Xeral do Estado, ao que se refire como "o ministro 23 do Goberno"

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 63 resultados.